Nigrán ilumínase de azul polo Día Mundial da Dislexia

O Concello de Nigrán súmase ao Día Mundial da Dislexia que se conmemora o día 10 de novembro iluminando de azul turquesa a Casa Consistorial, tal e como promove a Federación Española de Dislexia e outras dificultades específicas da aprendizaxe (FEDIS) coa campaña #UnidosPorLaDislexia. O obxectivo é facer visible este trastorno da aprendizaxe que afecta aproximadamente a catro de cada seis fracasos e abandonos escolares. Ademais de numerosos Concellos de toda España, únese o Congreso dos Deputados e as principais cidades e deputacións do país, así como a Axencia Española de Cooperación Internacional (AECID).

A cor Azul-Turquesa

A Asemblea Xeral da Federación Española de Dislexia, elixiu por unanimidade xa hai tres anos, a cor azul turquesa como o que representa a causa da dislexia debido a que é unha cor con connotacións maiormente positivas para as persoas con dislexia, debido a que promove a creatividade, a calma, a serenidade, a tranquilidade e relaxación.