Sin categoría

Baiona énchese de cor

A rúa Elduayen de Baiona énchese de cor e de verde coas plantas e as árbores que o Concello, a través da Concellería de Medio Ambiente, plantou nunha das principais rúas da localidade.

Por unha banda, os operarios municipais plantaron 22 árbores entre metrosideros e eugenias, cambiando así o aspecto da rúa ao colocar elementos verticais que a animen. O metrosidero é unha desas árbores que produce gran cantidade de flores, mentres que a eugenia myrtifolia é unha das árbores pequenas ou arbustos que con máis forza están a se impoñer nas zonas verdes grazas á súa gran adaptabilidade e a súa beleza.

Ademais, tamén se colocaron 15 xardineiras nesta vía baionesa e na rúa Virxe do Pilar que dá continuidade á de Elduayen. Os traballos que se realizaron céntranse en acondicionar a terra, abonala e plantar as novas plantas. O tipo de flor utilizada é o cyclamen. O mantemento se levará a cabo polos operarios municipais, que controlarán o abonado e a limpeza das malas herbas.

A Concellería de Medio Ambiente, dirixida por Rosa María Domínguez Roda, tamén plantou flores nas xardineiras da contorna de Santa Liberata. O tipo de flor utilizada nesta ocasión foi tuya e cyclamen.