Sin categoría

O Multiusos Mercado de Sabarís acolle os contacontos da programación “Baiona Lila 8M”

Con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Igualdade, presenta a programación “Baiona Lila 8M”, que trae consigo un mes dedicado a actividades para sensibilizar e educar en igualdade. O propio venres 8 de marzo darase inicio á programación coa presentación da campaña “8M, a Igualdade é a razón” ás 12:30 horas no CPI de Cova Terreña.

Ese mesma fin de semana o Multiusos de Sabarís acollerá o sábado día 9 de marzo ás 20:00 horas un conto para persoas adultas a partir de 20 anos a cargo de Paula Carballeira titulado “Mulleres que viven soas”. O domingo día 10 de marzo ás 12:30 horas haberá unha actividade orientada ao público familiar para nenos e nenas a partir de 5 anos. Raquel Queizás será a encargada de realizar “Na túa man”, contos pola igualdade.