Convocan concentracións en Baiona, Gondomar e Nigrán en apoio á hostalería

Como apoio a toda a hostalería, o martes, 10 de novembro de 2020, realizarase unha concentración a modo de protesta polas medidas tomadas e publicadas no DOG do 4 de novembro de 2020, onde se endurecen as medidas cara á hostalería e restauración para impedir o avance do COVID-19.

A concentración comezará ás 11:00 horas do devandito día, diante dos concellos de Nigrán, Gondomar e Baiona, terminando aproximadamente ás 11:30 horas. Unha vez finalizada dita concentración dirixiranse a un punto de encontro, que neste caso será a ponte da Ramallosa, cunha hora estimada de chegada das 12:00 horas.

Esta concentración terá un carácter pacífico e en ningún momento exponse cortes de tráfico ou altercados públicos por parte dos asistentes á mesma.

Convócase esta concentración de maneira urxente, xa que o sector da hostalería e restauración vese claramente afectado e ameazado, debido ás medidas tomadas pola Xunta de Galicia, onde fai “culpables” do avance do COVID-19 a un sector, xa de seu, castigado duramente ao longo desta pandemia.

Este peche total dos seus negocios conlevará que moitos deles non poidan volver abrir unha vez finalizado este período, xa que as débedas estivéronse acumulando debido ao confinamento e aos gastos que se foron asumindo para adecuar os seus locais ás novas necesidades.

A concentración se levará a cabo cumprindo todas as medidas sanitarias e sendo de uso obrigatorio a máscara.