Twitter suspende a conta de Espazo Lectura

O día 2 de outubro Twitter suspendeu a conta de Espazo Lectura nesta rede porque parece ser que detectaron unha utilización inusual da mesma. “Espazo Lectura é unha asociación sen ánimo de lucro de fomento da lectura e sempre facemos publicacións que teñen que ver cos libros, a lectura e as nosas actividades”, aseguran desde a asociación de Gondomar.

Denuncian que as persoas voluntarias responsables das redes de Espazo Lectura seguiron os pasos que Twitter estipula para a recuperación da conta: enviaron varios correos electrónicos, tweets, varias apelacións, etc. pero non recibiron, nin tan sequera, unha resposta cunha explicación por parte de @TwitterEspana e @TwitterSupport.

“Non podemos entender que está pasando e por que Twitter cancela esta conta que cumpre escrupulosamente coas regras de Twitter mentres mantén activas outras que van contra as normas de comportamento dunha sociedade minimamente civilizada. E tampouco podemos entender por que nin tan sequera contesta aos nosos correos e alertas”, conclúen desde Espazo Lectura.