Sin categoría

Nigrán amplía o prazo de inscrición para o curso de hixiene e manipulación de alimentos online

O Concello de Nigrán amplía o prazo de inscrición para o curso de “Hixiene e Manipulación de Alimentos” ata o vindeiro mércores 11 de novembro. O curso ten unha duración de 5 horas e impartirase en modalidade online. Este está destinado a mulleres, preferentemente, empadroadas en Nigrán. Comezará o día 16/11/2020 e darase por rematado o día 25/11/2020. Para máis información poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres no teléfono 986 383 081 ou no correo electrónico cim@nigran.org.