
O Concello de Baiona informa de que o mercado de Sabarís seguirase celebrando coa redución do número de postos. Así, a Concellería de Comercio e Mercado, dirixida por Víctor Muñoz, acordou estas medidas de prevención a semana pasada. Desde o pasado día 26 de outubro prodúcese a rotación entre feirantes cada luns, e seguirá así ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19. O próximo día 9 é a quenda dos postos con número impar. Poderán acudir ao mercado todos os luns, independentemente do seu número, os postos de venda de produtos agroalimentarios como se recolle na normativa. Con esta medida o Concello de Baiona cumpre coa normativa marcada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en virtude dos recollido no Anexo I do Diario Oficial de Galicia, Núm. 223-Bis do Mércores, 4 de novembro de 2020.