Baiona pasa a nivel de alerta vermella e Gondomar retrocede a laranxa

Segundo os datos publicados este sábado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Baiona pasa por primeira vez a nivel de alerta 3, o que significa segundo o semáforo de cores que utiliza a Xunta que nos últimos 7 días foron confirmados por PCR máis de 21 casos. Nigrán se encontra en alerta vermella de novo desde este venres, polo que tamén terían sido confirmados por PCR máis de 21 casos nos últimos 7 días. Gondomar retrocede ao nivel de alerta 2, con entre 14 e 21 casos confirmados por PCR nos últimos 7 días.

Novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días

Novos casos confirmados por PCR nos últimos 14 días