Baiona celebra o Samaín cun espectáculo interactivo infantil

O vindeiro sábado, 31 de outubro, a carpa instalada na Praza do Concello de Baiona acollerá ás 18:00 horas o espectáculo interactivo infantil “A Bailar Esqueletes”, a cargo do grupo Animar-T; unha actuación chea de medo, maxia, cantaxogos e moitas sorpresas máis. Esta actividade realízase con motivo da celebración do Samaín e está enmarcada dentro do BaiOutono, programación organizada pola Concellería de Cultura.

Desde o Concello de Baiona mándase unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía xa que se van a poñer as medidas de seguridade e preventivas necesarias, cumprindo a normativa marcada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. O obxectivo xeral é reducir ao máximo o risco de contaxio e transmisión da pandemia á vez que se goza da oferta cultural.

O obxectivo é proporcionar actividades de lecer aos veciños e veciñas e visitantes nunha contorna segura e, para iso, o acceso e o aforo estará limitado segundo a normativa vixente e tomaranse todas as medidas de seguridade pertinentes.