Matías Rajo e Iván Otero, campións de España de bolos celta xuvenil por parellas

Como continuación do campionato individual celebrado o sábado, esta mañá celebrouse o Campionato de España Xuvenil por parellas en Camos-Nigrán. Participaron un total de 7 parellas. A clasificación final foi a seguinte.

Campións de España
MATÍAS RAJO (Rega) – IVÁN OTERO (San Miguel)
Subcampións
RUBÉN GAMEIRO {Santiago de Parada) – MARTÍN GONZÁLEZ (Estivada)
Terceiros
RAÚL ROCHA (Santiago de Parada) – PABLO PINTOS (San Miguel)
Cuartos
LUCÍA ARGÜELLES (San Miguel) – DANIEL ÁLVAREZ (Baredo)

O próximo fin de semana disputarase en Camos-Nigrán o Campionato de España de veteranos e o Campionato Nacional Intermodal feminino, con xogadoras das comunidades de Andalucía, Asturias, Castela e León e Galicia.

Anuncios