Gondomar renova os convenios de colaboración co Gondomar CF e a AD Vincios

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto á concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, veñen de renovar os convenios de colaboración co Gondomar Club de Fútbol e coa Agrupación Deportiva de Vincios, cunha dotación total de 17.000 euros, nun claro apoio ao deporte no municipio.

Desta forma a presidenta do Gondomar Club de Fútbol, Rosa Álvarez, subscribiu o convenio polo que o Concello de Gondomar subvencionará o club cunha achega de 14.000 euros, ao tempo que lle cede o uso das instalacións municipais de forma gratuíta para a súa práctica deportiva y competitiva, en concreto os campos de As Gaiandas e As Cercas.

Pola súa banda, o representante da Agrupación Deportiva de Vincios, Vicente Pintos, renovou a colaboración que mantén co Concello de Gondomar cun convenio dotado dunha subvención de 3.000 euros, para promocionar a práctica do tenis de mesa no municipio.