O Club Deportivo BaiArco participa na primeira proba da liga 3d galega

O pasado 17 de outubro celebrouse na Devesa, Pontevedra, a primeira proba da liga 3d galega da tempada 2020-2021, cun total de 44 arqueiros, sendo esta unha clara diminución en canto ao número de inscritos. O Club Deportivo BaiArco participou por primeira vez este ano e desde o reinicio na nova normalidade e que levou a disputar este torneo cos consecuentes protocolos Covid-19.

O Club Deportivo BaiArco só puido presentar un representante e desafortunadamente os resultados non acompañaron. Non obstante o percorrido, que é ao aire libre ao ser un percorrido 3d, foi interesante, sendo a primeira vez que o Club Deportivo Boa Vila organiza un torneo destas características. Esta modalidade deportiva permite a actuación individual de cada deportista sen necesidade de contacto, polo que se torna interesante.

Desde o Club Deportivo BaiArco queren agradecer e ante as dificultades actuais e que todos estamos a sufrir ao Club Deportivo Boa Vila pola organización do devandito evento así como ao IES Primeiro de Marzo, onde o Club Deportivo BaiArco realiza os seus adestramentos así como ao Concello de Baiona, polo apoio na continuidade da actividade. Así mesmo desexan a todos e así tamén que entre todos, sen distinción, logremos unha pronta recuperación á normalidade.