O Outubro Diverso de Baiona continúa coa conversa “Diversidade nas Artes Escénicas”

O domingo 18 de outubro, ás 12:00 horas, o Hall do Concello de Baiona acollerá a conversa “Diversidades nas Artes Escénicas” con Mónica Sueiro, directora da aula de teatro de Baiona e co colectivo 85C de Vigo. Esta actividade está enmarcada dentro da programación Outubro Diverso, un completo programa de actividades ao redor da visualización das realidades LGBTIQA+ que se sucederán ao longo do mes de outubro e que se celebra por primeira vez na Vila.

A actividade desenvolverase cun aforo limitado de 20 persoas. Desde a Concellería de Igualdade mándase unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía xa que se van a poñer as medidas de seguridade e preventivas necesarias. O obxectivo xeral é reducir ao máximo o risco de contaxio e transmisión da pandemia á vez que se goza da programación. Tamén poderase ver en streaming a conversa a través dun directo do Instagram da Casa Colorida e da canle de YouTube do Concello de Baiona.

O programa Outubro Diverso é o froito do traballo conxunto da Concellería de Igualdade de Baiona, de activistas da Marcha Mundial das Mulleres e da Casa Colorida.