O Auditorio de Baiona acolle a proxección do documental “Aillados”

O domingo 18 de outubro, ás 20:00 horas, o Auditorio V Centenario de Baiona acollerá a proxección do documental “Aillados”. Esta actividade está enmarcada dentro da programación organizada pola Concellería de Cultura dedicada en exclusiva á memoria histórica do BaiOutono.

O obxectivo é proporcionar actividades de lecer aos veciños e veciñas e visitantes nunha contorna segura e, para iso, o acceso e o aforo estará controlado e tomaranse todas as medidas de seguridade pertinentes.

“Aillados” é un traballo de “O Faiado da Memoria” sobre a historia da illa de San Simón, na ría de Vigo, que serviu de prisión para miles de republicanos tras o golpe de Estado de xullo do 36. A historia está contada polos seus protagonistas: os penados da colonia penal.

Desde o Concello de Baiona mándase unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía xa que se van a poñer as medidas de seguridade e preventivas necesarias. O obxectivo xeral é reducir ao máximo o risco de contaxio e transmisión da pandemia á vez que se goza da oferta cultural.