Delfina Durán celebra o seu 100 aniversario en Chaín

Delfina Durán, veciña da parroquia gondomareña de Chaín, celebrou este xoves o seu 100 aniversario. O alcalde, Paco Ferreira, entregoulle un ramo de flores en nome de todos os veciños e veciñas do municipio neste día tan especial. “Cumprir 100 anos rodeado dos teus, traballar incansablemente toda unha vida, sacar a unha familia adiante en tempos difíciles, pasar unha guerra civil, vivir dúas pandemias, dicir que é do Barcelona e admiradora de Messi, non do Madrid de Ronaldo, moi poucas persoas poden facelo como é o caso da veciña de Chaín, que hoxe sumaba un século de vivencias”, destacou o rexedor. Desde o Centro Cultural “A Merced” de Chaín tamén quixeron facerlle unha homenaxe, “por ser unha firme defensora e desfrutadora do traballo que durante 41 anos levamos realizando”.