Sanidade limita a dez persoas as xuntanzas en toda Galicia

COVID-19 or coronavirus rapid test concept. Blur background scientist or lab technologist working in university research laboratory testing blood sample in science room examination hospital.

A Consellería de Sanidade vén de acordar limitar as xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas. Esta é unha das decisións adoptadas polo Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 na nosa comunidade, logo da xuntanza desta tarde, tras constatar o aumento de contaxios en xuntanzas sociais e familiares. Estas medida, que se publicará mañá no Diario Oficial de Galicia, entrará en vigor dende as 00:00 horas do xoves.