“Mi día” da ONCE deixa máis de 8.000 euros en Baiona no seu segundo sorteo

O vendedor da ONCE Alberto González Rivero.

O novo produto de xogo “Mi día” da ONCE volveu a deixar premios en Galicia no seu segundo sorteo, celebrado onte xoves 8 de outubro. Nesta ocasión, os premios son de máis de 8.000 euros cada un e foron parar a clientes de Carballo (A Coruña) e O Burgo-Baiona (Pontevedra). No primeiro sorteo celebrado o xoves 1 de outubro xa deixou un premio de máis de 6.000 euros en Mos (Pontevedra).

Os premios, de categoría dia+mes+ano foron vendidos por José Ramón Lestón, en Carballo, que vendeu un boleto premiado con 8.188,54 euros e outro por Alberto González Rivero, que vendeu outro boleto premiado con 8.188,54 euros en Baiona (Pontevedra).

Por só un euro

“Mi día” é a nova lotería da ONCE no que as datas especiais para unha persoa, como aniversarios, acontecementos destacados, un campionato deportivo, etc poden darlle miles de premios por só un euro. A súa comercialización comezou o xoves 25 de setembro e onte xoves 1 de outubro realizouse o primeiro sorteo, que se repetirá todos os xoves do ano.

En “Mi día” só hai que escoller unha data (día, mes e ano), dentro dun período de datas que abarca desde a do último sorteo no que se pode participar ata 100 anos cara atrás. No ticket, o día seleccionado aparecerá impreso con dous díxitos, o mes cos seus tres primeiras letras, e o ano con catro díxitos.

Os premios están repartidos entre oito categorías que premian tanto á data completa como o día, ou o mes ou o ano, así como ao número da sorte (asignado automática e aleatoriamente entre o 1 e o 11).

Se a data elixida e ningún dos elementos que a compoñen resultan premiados pero o número da sorte coincide co número gañador, haberá unha segunda oportunidade para participar en “Mi día” ou noutro produto da ONCE, ou ben trocalo por 1 euro. Ademais, as últimas catro categorías teñen premios de importe fixo; e as catro primeiras, premios cuxa contía varía en cada sorteo. Un de cada cinco boletos resulta premiado.

O sorteo de “Mi día” celébrase cada xoves, e pódese ver en directo a través do perfil Facebook de JuegosONCE ou a través de http://www.juegosonce.es.

“Mi día” pódese adquirir a través dos preto de 20.000 vendedores da ONCE, en http://www.juegosonce.es, e en establecementos colaboradores autorizados.