Concentración en Gondomar por uns centros de saúde de calidade

O BNG convoca este sábado, día 3 de outubro, unha concentración ás 12:00 horas diante do Centro de Saúde de Gondomar para reclamar unha atención de calidade con consultas presenciais. Intervirán Manuela Rodríguez, Portavoz Municipal, e a deputada do BNG no Parlamento Galego, Carmela González. Será obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade.