Confirmacións na parroquia de Priegue

A parroquia de San Mamede de Priegue, no arciprestado de Miñor, celebrou o pasado venres 18 de setembro as súas confirmacións. Pablo Dacosta, Carlos Collazo, Carlos González, Xiana Cabaleiro, Erika Vitoria Acuña e María Clara Sánchez integrábanse de forma plena na comunidade cristiá ao recibir este sacramento.

O párroco, don Juan Carlos Sendón, acompañou ao bispo, don Luis Quinteiro Fiuza, durante esta celebración que foi posposta durante os meses de confinamento a causa do coronavirus.

Como no caso de San Mamede de Priegue, as parroquias da Diocese de Tui-Vigo retomaron a celebración dos sacramentos cancelados desde o mes de xullo. Estas celebracións deben oficiarse tendo en conta as medidas de seguridade e hixiene propias para esta pandemia.