Comeza a nova tempada do club Sete Vidas na Casa da Lectura de Gondomar

O xoves 1 de outubro comeza a nova tempada do club de narrativa para adultos Sete Vidas, e faino retomando as reunións presenciais. Será ás 20:00 na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) coa obra “Déixate de ódegas” de Xosé Manuel Vega (Aira Editorial). O xornalista retrata a vida nunha aldea dos Ancares nos anos 60 a través dos recordos da súa infancia. Falarase con el por videoconferencia. Cumpriranse todas as medidas de seguridade e é obrigatorio o uso da máscara para todos os asistentes.