O Grupo de Gaitas Castro da Pedra Moura de Donas organiza unha excursión a Manzaneda

O Grupo de Gaitas Castro da Pedra Moura de Donas organiza o próximo 4 de febreiro unha excursión a Manzaneda. Ás 8:00 da mañá sairá o autobús desde Pinzás (Bar Florentiña), pasando a continuación pola Capela de San Cibrán, o Centro Cultural de Donas e a recta de Clemente. O prezo é de 15 euros para adultos e nenos (non inclúe a comida). Os interesados poden anotarse nos teléfonos 609 458 211 (Susana), 626 879 497 (Leti) ou 606 021 876 (Charo).