Nigrán acolle a presentación da novela “El secreto de los almendros” de Adolfo Suárez Piñeiro

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle mañá mércores 30 ás 19:00 horas, a presentación da novela “El secreto de los almendros” de Adolfo Suárez Piñeiro, policía local do municipio e escritor novel. Trátase dunha historia de amor entrelazada cunha trama policíaca que ten moito de autobiográfica. A novela forxouse en base a vivencias propias e imaxinación. Adolfo teceu un relato de ficción que deixa ao aire pinceladas da súa traxectoria profesional de 26 anos e dá renda solta ao soñador que leva dentro.