O Club de Loita Sabarís deixa de dar clases aos equipos base

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A directiva do Club de Loita Sabarís tomou a decisión de deixar de dar clases aos equipos basee: prebenxamín, benxamín e alevín. O club impartía actualmente clase nos colexios de Sabarís, Baiona, Humberto Juanes (Nigrán) e Virxe do Rocío (Vigo), sendo a maior escola de loita de Galicia.

Juan López, adestrador do club, afirma que se debe actuar con responsabilidade ante a difícil situación actual, esperando que a situación mellore e poidan volver a próxima tempada. Seguirase traballando cos equipos escolar cadete e júnior.