Nigrán abre o martes o prazo de inscrición para participar no Día Internacional das Persoas Maiores

O Concello de Nigrán celebrará un ano máis o Día Internacional das Persoas Maiores este xoves 1 de outubro, nesta ocasión constará, se o tempo o permite, dunha andaina ata o miradoiro do pericoto de Vilar (Camos) e homenaxe posterior. Por cuestións de protocolo sanitario estará limitada a participación a 30 persoas e será preciso inscribirse previamente o martes 29 de setembro de 10:00 a 12:00 horas no teléfono 986368734.

As persoas inscritas previamente deberán presentarse ás 9:45 horas do 1 de outubro na rúa ao carón do CEIP A Cruz (Camos) para realizar a andaina pola pista forestal das Medoñas ata o pericoto. En caso de choiva esta actividade física non se realizará pero, igualmente, ás 11:00 horas se descubrirá un monumento ao carón do miradoiro en homenaxe aos maiores (xeolocalizado en: https://goo.gl/maps/g2JT1j6FJuhGD5e98) e se servirá un chocolate.