Deteñen a unha muller de Baiona con dúas ordes de procura e detención

A Policía Local de Vigo detivo este xoves a B.P.A, muller de 44 anos de idade nada en Baiona e domiciliada en Vigo, por unha orde de procura e detención do xulgado de instrución nº 8 de Vigo. Sobre as 20:35 horas, uns axentes, tras ser comisionados pola Central de Información e Mando, trasladáronse á Avenida de Fragoso onde ao parecer unha muller atopábase furtando produtos nun supermercado. Unha vez no lugar e despois da súa identificación comprobouse que había dúas ordes de procura, detención e comparecencia da devandita muller, sendo a causa o furto.