Anuncios
Ticker de novas

Baiona converterase este fin de semana na capital do paddlesurf

Baiona acolleu esta mañá a presentación da primeira edición do Salitre Fest e do Campionato de España de Paddlesurf. Ao acto asistiron o alcalde de Baiona, Ángel Rodal; a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López Chaves; a deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Digna Rivas; a concelleira de Turismo, Beatriz González; a concelleira de Cultura, María Iglesias, e o director do Salitre Fest, Coque Araújo.

Durante o acto, o director do evento, Coque Araújo, afirmou que o próximo fin de semana (28-30 de setembro) Baiona será a capital do paddlesurf non só porque reunirá aos 150 mellores deste deporte no Campionato de España de Paddlesurf senón tamén pola programación en torno ao mar e a esta disciplina que se celebrará no marco do Salitre Fest. Araújo agradeceu a Baiona que apoiase cinco anos consecutivos a proba deportiva e a colaboración do resto das administracións presentes no acto.

A deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Digna Rivas, celebrou a suma de deporte e mocidade e encomiou a celebración deste tipo de eventos, que as aúnan. Lembrou a importancia e o auxe da práctica deste deporte e afirmou que é unha honra para Baiona e, por tanto, para a provincia de Pontevedra acoller este Campionato de España por quinto ano consecutivo.

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, encomiou o feito de que Baiona sexa un referente turístico e deportivo. Subliñou a alta participación de deportistas nesta edición, que este ano reunirá aos 150 mellores de España, e destacou a presenza da viguesa Marta Abruñedo á que desexou vela no podio na proba de Longa Distancia. A secretaria xeral lembrou que Galicia é a segunda comunidade autónoma con máis quilómetros de costa, detrás de Canarias, e prognosticou que o pádel surf aínda seguirá crecendo. Lembrou que este deporte practícano no mundo 3,2 millóns fronte aos 2,3 millóns que fan surf.

Por último, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, afirmou que a vila é un referente en cultura, patrimonio e deporte. Enmarcou este evento na celebración do 525 aniversario da arribada da Pinta a Baiona e reiterou o seu compromiso en “abrir Baiona ao mar”. Lembrou que, por este motivo, este ano a vila acolleu importantes actividades vinculadas cos deportes marítimos cuxo calendario culmina co Campionato de España de Paddlesurf. Rodal tamén encomiou a estreita colaboración de todas as administracións na consecución deste evento e asegurou que será un éxito.

O evento está organizado por Waira e o Club Galego de Surf e conta co apoio do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Vigo-A Guarda, dentro da programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, aprobada pola Consellería do Mar. Enmárcase dentro do programa de actividades marítimas do 525 aniversario da Arribada da Carabela Pinta a Baiona e nas da Concellería de Turismo do Concello de Baiona.

PROGRAMACIÓN PROGRAMACIÓN DEPORTIVA
Venres, 28: Venres, 28:
 17.00-20.00 Confirmación inscricións e entrega dorsais
18.00 Presentación e test de material 2019 18.00 Presentación e test de tablas Starboard 2019 a cargo de Waira
18.00 Apertura zona Market, food trucks e barra Mahou 18.30 Volta recoñecemento circuítos de competición
21.00 Escenario Woodtown: concerto La Chata Soul
Sábado, 29: Sábado, 29:
08.00-09.00 Confirmación inscricións e entrega dorsais Sub 18-16-14-12
09.30 Reunión competidores Sprints Sub 18-16-14-12
10.00 Sprints categorías Sub 18-16-14-12
11.00 Apertura zona Market, food trucks e barra Mahou 10.00-12.00  Confirmación inscricións e entrega dorsais Open-Amateur
12.30  Sesión vermú Dj Tom
16.30 Reunión competidores Open e Amateur
17.30 Saída Longa Distancia Open e Amateur
21.30 Escenario Woodtown: Concerto Best Boy
Domingo, 30: Domingo, 30:
08.30 Reunión competidores Sub 18-16-14-12
09.00 Saída Longa Distancia Femenina Sub 18-16-14-12
11.00 Apertura zona Market, food trucks e barra Mahou 10.30 Saída Longa Distancia Masculina Sub 18-16-14-12
12.00 Semifinais Carreira Técnica Masc. Open (2 Mangas, 1 vuelta)
12.30 Sesión Vermú Dj FONKID (Under The Ball) 12.30 Final Carreira Técnica Feminina Open (2 vueltas)
13.00 Final Carreira Técnica Masculina Open (2 vueltas)
14.30 Sprints Open Femininos e Masculinos
17.00 Entrega de premios Campionato de España e 525 Aniversario
Anuncios