
A Consellería de Sanidade, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, desenvolveu hoxe unha serie de xornadas formativas cos representantes dos equipos Covid-19 de cada un dos colexios públicos e concertados da Área Sanitaria de Vigo sobre o protocolo e a pandemia. A actividade desenvolveuse de xeito presencial en catro quendas, por cuestión de aforo, citándose 292 colexios de Educación Infantil, Primaria e Secundaria desta área sanitaria.
As explicacións correron a cargo da directora de Atención Primaria, Elena Lorenzo, da xefa do servizo de Pediatría, Ana Concheiro, e da especialista en medicina Preventiva, Aida Bello. Tamén estivo presente o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares. Nos contidos formativos abordouse de xeito didáctico información básica sobre o coronavirus, a súa afección na poboación infantil e os síntomas, así como as medidas de vixilancia, de prevención e de control. Ademais, déronse pautas sobre como actuar ante unha sospeita de infección por coronavirus no centro escolar e o mecanismo de alerta que se debe activar.
Acceso directo
Neste senso, se lles lembrou que os centros de saúde teñen incorporados a figura do responsable Covid-escola. En total son 46 facultativos de atención primaria que van a dar respostas ás dúbidas asistenciais dos centros educativos. Tamén se informou de que vaise por a súa disposición un buzón virtual, unha dirección de correo electrónico para facilitarlles un novo acceso directo á autoridade sanitaria, a través dun espazo ao que poidan dirixirse para plantear e buscar solucións as súas dúbidas en relación á asistencia sanitaria.
Así, a formación de hoxe centrouse tamén no papel dos coordinadores Covid dos centros educativos e a súa coordinación cos referentes nos centros de saúde. O programa completouse con materiais de traballo na aula dirixidos ao alumnado segundo as etapas educativas, mediante xogos e consellos.
Formación completa
Os equipos covid-19 dos colexios xa recibiron formación non presencial nos primeiros días de setembro que se completa agora con esta nova xornada presencial na que afondou en información específica sobre a infección do coronavirus e na que se resolveron as dúbidas que poidan existir tras o inicio do curso escolar sobre a aplicación do Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario
Os coordinadores covid-19 son as persoas de referencia para o resto do persoal, profesorado, alumnado e familias de cada colexio. Os equipos están integrados pola persoa titular da dirección do centro, ou persoa na que delegue ou a substitúa, e dous membros do profesorado (nos centros de menos de seis unidades o equipo poderá constituírse cunha soa persoa).
Xuntanza de traballo cos pediatras de Atención Primaria
Ademais, no día de maña vaise celebrar unha xuntanza de traballo entre os responsables da Área sanitaria de Vigo, a xefa do servizo de Pediatría e unha representación dos pediatras de atención primaria, para establecer pautas especificas de actuación que se adecúen ás indicacións do protocolo da Consellería de Sanidade e Educación.
Trátase de buscar solucións para dar resposta ao incremento da demanda da atención pediátrica que se ven rexistrando estos días nos centros de saúde.