
Baiona prepárase para as choivas limpando os seus ríos. A concelleira de Medio Ambiente, Rosa María Domínguez Roda, informa dos traballos de limpeza que se van a levar a cabo nos ríos do municipio de forma gradual por parte de operarios municipais do departamento.
Desde a Concellería de Medio Ambiente e coa previa autorización de Augas de Galicia, o Concello de Baiona comezou a semana pasada a realización da limpeza dos ríos do municipio. Debido á proximidade das choivas traballadores municipais do departamento están a levar a cabo tarefas de limpeza dos cursos fluviais sempre tendo en conta a flora e fauna a protexer medioambientalmente. Os traballos empezáronse polo río Groba na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa e iranse levando a cabo de forma progresiva.
“A actuación cubrirá máis de seis quilómetros de leitos na nosa vila e con elas veranse melloradas as condicións de desaugadoiro dos ríos. Están a levarse a cabo traballos de retirada das árbores caídas, roza selectiva de masas de matogueira e herbáceas, podas e rareos”, apuntou a concelleira.