Un traballador da Residencia Bella Vista Care de Nigrán dá positivo por coronavirus

Segundo informa a Consellería de Sanidade, un traballador da Residencia Bella Vista Care, situada na parroquia nigranesa de Priegue, deu positivo en coronavirus Covid-19. Os datos actualizados este martes arroxan un total de 233 maiores usuarios de residencias e 101 traballadores contaxiados en Galicia. No que respecta aos centros para persoas con discapacidade, hai 38 casos positivos entre os usuarios e 15 traballadores.