Nigrán destinará no vindeiro ano 51.000 € para a bonificación de máis de 700 tarxetas “Xente Nova”

O alcalde de Nigrán, Juan González, acudiu esta mañá á reunión da Comisión de Seguimento do Transporte Metropolitano da Área de Vigo na delegación da Xunta, onde se acordou prorrogar o convenio vixente. Isto supón que Nigrán destinará o vindeiro ano 51.159,60 € das súas arcas para a bonificación de 758 tarxetas “Xente Nova” coas que conta o municipio e cuxos usuarios (menores de 19 anos empadroados na localidade) viaxan gratis. Precisamente, o Concello incluíu no seu Plan Estratéxico de Subvencións 2020-23 un total de 56.000 € destinados a este convenio. Na comarca do Val Miñor a localidade de Nigrán é a que conta con máis beneficiarios desta tarxeta “Xente Nova” por diante de Baiona con 624 usuarios e 34.794 € de achega (Gondomar non forma parte do Transporte Metropolitano).