A Plataforma Gondomar Fibra Xa! convoca unha concentración este luns

Este luns 21 de setembro ás 19:00 horas, a Plataforma Gondomar Fibra Xa! convoca unha concentración na Praza da Paradela para chamar a atención aos responsables públicos sobre a situación de precariedade dos servizos de internet no Concello de Gondomar. Intervirán representantes da plataforma para informar da situación.