Julia López e Xenxo Salgueiro proclámanse campións de España de bolo celta xuvenil por parellas

Hoxe remataron os Campionatos de España de bolo celta xuvenil coa disputa do campionato de parellas. No mesmo escenario de onte, a bolera de Navelgas en Tineo-Asturias, xogáronse as roldas de clasificación que deron o seguinte resultado final:

  • Campións de España: JULIA LÓPEZ-XENXO SALGUEIRO de bolos Xove-Lugo.
  • Subcampións: CRISTIAN PRIETO-IVÁN BUENO de Froxais-Ourense e Horizonte-Asturias.
  • Terceiros: JAVIER ALONSO-IKER ALONSO de Xove-Lugo e Horizonte-Asturias.
  • Cuartos: os irmáns ALEJANDRO e PABLO VALLE de L’Acabose Asturias.

O vindeiro fin de semana xogarase en Nigrán o Campionato de España mixto por parellas.