Ismael Torres, do club San Cibrán, cuarto no Campionato de España de bolos celta xuvenil

Durante todo o día de hoxe xogouse na bolera de Navelgas-Tineo (Asturias) o Campionato de España de bolo celta individual xuvenil, no que participaron xogadores das comunidades de Asturias e Galicia. Tras unha rifadas fases de clasificación, pasarían a xogar as semifinais tres xogadores masculinos e unha xogadora feminina, todos eles da comunidade galega. O resultado final foi o seguinte:

  • Campión de España: CRISTIAN PRIETO, de bolos Froxais de Viana do Bolo (Ourense).
  • Subcampión: JAVIER ALONSO de bolos Xove (Lugo).
  • Terceira clasificada: JULIA LÓPEZ de bolos Xove (Lugo).
  • Cuarto clasificado: ISMAEL TORRES de bolos San Cibrán-Gondomar (Pontevedra).

Mañá na mesma bolera xogarase o Campionato de España xuvenil por parellas.