Baiona participa por segundo ano consecutivo na Semana Europea da Mobilidade

O Concello de Baiona inicia hoxe, por segundo ano consecutivo, a participación na Semana Europea da Mobilidade que se celebra do 16 ao 22 de setembro. A Vila, que se adheriu a esta iniciativa o ano pasado e, tras presentar a súa candidatura, xa foi incluída nos Premios EMW Awards na categoría de Concellos de menos de 50.000 habitantes.

O primeiro tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, explicou que a Semana Europea da Mobilidade “é unha campaña dirixida a sensibilizar, tanto aos responsables políticos como aos cidadáns, sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente e, os beneficios do uso de modos de transporte máis sostibles como o transporte público, a bicicleta e as viaxes a pé, así como promover e proporcionar unha visión máis urbanística e diferente co obxectivo de municipios e cidades accesibles”.

Neste contexto, Martínez destacou que “queremos facervos partícipes principais para que nosa Vila, e desde as vosas achegas, sexa referente dun lugar con mobilidade accesible, proporcionando o uso eficiente da enerxía”.

“A mobilidade é unha parte esencial nas nosas vidas”, asegurou o edil e engadiu “cada día, necesitamos movernos: temos que ir ao colexio ou ao traballo, á consulta do médico e a facer recados –tamén queremos reunirnos cos amigos, ir a restaurantes, ao ximnasio ou simplemente dar un paseo a pé ou en bicicleta, coa accesibilidade preténdese chegar facilmente”. Nun sentido máis amplo, “necesitamos melloras e para iso tanto as autoridades locais como a administración en todos os seus ámbitos, debemos traballar, achegar proxectos que faciliten aos nosos cidadáns beneficios na nosa contorna”.

“Somos realistas, as melloras necesitan de tempo, necesitamos das vosas achegas, imprescindibles, así como do entendemento dun proceso de futuro para conseguir os beneficios aos que queremos chegar”, asegurou Óscar Martínez.

O 22 de setembro celébrase ademais, o evento ¡A Cidade, sen Coche!, “orixe desta iniciativa europea, que pretende atopar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades”.

O tema elixido pola Comisión Europea para a campaña deste ano é “Por unha mobilidade sen emisións”. Esta temática reflicte o ambicioso obxectivo de alcanzar a neutralidade nas emisións para o ano 2050, recollido no Pacto Verde Europeo que tamén pretende resaltar a importancia da accesibilidade a sistemas de transporte de cero emisións e promover un sistema inclusivo para todas as persoas: mellor saúde, maior calidade de vida, menos contaminación.

En definitiva, “un gran pobo feito en beneficio da cidadanía”, asegurou Martínez. “España, desde hai moitos anos, lidera a participación na Semana Europea da Mobilidade. Das máis de 3.100 cidades adheridas, 547 son españolas e Baiona está e seguirá estando cada vez con máis entusiasmo e máis logros, continuaremos ano tras ano e día tras día para conseguir os nosos obxectivos”, concluíu Martínez.

Pola súa banda, a concelleira de Accesibilidade e Mobilidade, Concepción Vara, informou que as actividades que se van a realizar esta semana, e seguindo as directrices da Comisión de Organización da Semana Europea de Movilidad, irase informando do seu desenvolvemento a través da páxina web do Concello e os medios de comunicación dixitais.

Ademais, Vara agradeceu a presenza ao acto de presentación da Semana Europea da Mobilidade a José Santoro Pumarega, presidente do Centro Juan María, a Vicepresidenta da Asociación P.I.C.A Rías Baixas, Paula Acevedo Alonso e, a Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, Presidente da Asociación AFAGA.

Actividades na SEM20

17 DE SETEMBRO (Xoves):

No Real Club de Yates de Baiona, coa participación de 12 persoas realizarase un percorrido en barcos de vela pola baía, para concienciar cero emisións en transporte náutico (barcos de vela).

18 DE SETEMBRO (Venres):

Hora: 19:00h.

Concerto de música nos xardíns da Biblioteca Municipal. Concienciación mediante a arte musical .

19 DE SETEMBRO (SÁBADO):

Coincidindo co Festival Barbeira Season Fest, participarase na concienciación dos asistentes sobre a mobilidade sostible e o respecto ao noso planeta.

20 DE SETEMBRO (Domingo):

Cinema no Auditorio V Centenario, concienciación e sensibilización mediante a arte da técnica de proxección.

21 DE SETEMBRO (LUNS):

Iluminación do Concello, dedicado ao día do ALZHEIMER. Medicións de emisións sobre contaminación e acústicas.

22 DE SETEMBRO (Martes):

Día sen coches: Organización do “día sen coches”, con actividades lúdicas dirixidas á cidadanía en xeral, enfocadas a temáticas de emisións cero e cambio climático (Fomentar os motores eléctricos, uso de bicicletas e urbanismo sostible).