Dúas persoas feridas nun aparatoso accidente de tráfico en Gondomar

Na tarde de onte na Avenida do Campo da Feira de Gondomar producíase a colisión frontal entre dous turismos coa posterior saída de vía e despeñamento dun deles, un Opel Astra, logo de que invadira o carril de marcha do vehículo contrario, un Renault Scenic que circulaba en sentido descendente. Os feridos, ambos os dous condutor e condutora, de 27 e 45 anos, respectivamente, deron negativo nas probas de alcoholemia e foron atendidos por unha ambulancia do 061 e trasladados aos centros hospitalarios Fátima e O Castro de Vigo. O lugar foi asegurado por efectivos da Policía Local, que se fixeron cargo das dilixencias de investigación do sinistro en colaboración coa Garda Civil de Gondomar. As labores para retirar o turismo despeñado prolongáronse ata a noite.