Controlado un conato de incendio no límite entre Parada e Vilaza

FOTO: INCENDIOS GALICIA // Conato de incendio en Areiña.

Ás 14:52 horas desta tarde declarouse un conato de incendio forestal na zona de Areíña, no límite entre a parroquia nigranesa de Parada e a gondomareña de Vilaza. Segundo informaron desde a Consellería de Medio rural as chamas quedaron controladas ás 15:25 e o lume afectou a 0,05 hectáreas (500 metros cadrados). Na súa extinción participou un axente, unha brigada e dúas motobombas.