Comezan os ensaios da Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín

Este sábado, día 5 de setembro ás 21:00 horas, comezarán os ensaios da Rondalla do Centro Cultural “A Merced” de Chaín. Serán na pista do Centro Cultural, ao aire libre, para ter un espazo amplo, adecuado para asegurar a distancia interpersoal. Os instrumentos entregaranse antes de comezar e serán, salvo algunha decisión de cambio, intransferibles ata que remate a tempada. Os membros da coordinadora estarán neste espazo dende as 20:30 horas para ir entregando os instrumentos e atender a todos os que queiran achegarse por alí para consultar calquera cuestión relativa á xestión da actividade. Non é necesario ter coñecementos de música para formar parte, nin se exclúe a ninguén pola idade. Será un ensaio aberto ao público, para que todo o que estea interesado poida vivenciar en persoa como se fará.