Mesa Redonda cos partidos políticos no Centro Cultural de Borreiros

A Asociación de Veciños de Borreiros organiza este domingo día 12 de maio unha Mesa Redonda cos partidos políticos que se presentan ás eleccións municipais do próximo 26 de maio en Gondomar. Será a partir das 11:00 horas no Centro Cultural de Borreiros.