Baiona abre o prazo de inscrición para participar no programa “Achégate ás novas tecnoloxías”

A Concellería de Igualdade de Baiona abre o prazo de inscrición para participar no programa “Achégate ás novas tecnoloxías”, que ten como obxectivo entre outros dotar ás mulleres das ferramentas necesarias para afrontar con autonomía a realización de xestións burocráticas nas sedes electrónicas de distintas administracións, mellorando a súa autoestima e fomentando o empoderamento.

A actividade dirixida a mulleres e gratuíta foi concedida ao Concello de Baiona no marco do Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero da Secretaría Xeral da Igualdade e é cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

O programa inclúe catro cursos de 12 horas de duración cada un, que desenvolveranse en horario de mañá e tarde do 15 ao 24 de setembro. Aquelas mulleres interesadas en participar poden contactar co Centro Municipal de Información á Muller no teléfono 986 35 75 54 de luns a venres en horario de 8:30 a 13:30 horas.