Máis de 400 persoas participaron nas rutas guiadas polos sendeiros de Nigrán durante todo o verán

Máis de 400 persoas participaron nas rutas guiadas polos sendeiros de Nigrán durante todo o verán A cooperativa “Árbore Arqueoloxía e Restauración” estivo a cargo de guiar 22 rutas entre xullo e agosto con cadansúa actividade didáctica posterior. “Non só pola gran resposta da xente senón porque puxemos en valor espazos naturais e culturais que moita xente descoñecía, por elo neste verán optamos por multiplicar os roteiros porque temos un potencial inmenso que, nestas circunstancias sanitarias, é ideal para desenvolver con todas as garantías”, xustifica o alcalde.

“Temos un potencial inmenso que, nestas circunstancias sanitarias, é ideal para desenvolver con todas as garantías e tamén para mostrar a outra cara de Nigrán, que vai moito máis alá da praia. Tal como imaxinábamos foi un verán con con especial demanda deste tipo de actividades e quixemos darlle toda a cabida posible”, xustifica destaca Juan González.

A rede de sendeiros municipal está integrada por un total de 8 roteiros que suman 51,5 km e percorren as 7 parroquias do municipio ofrecendo ao seu paso miradoiros, natureza, patrimonio… Son o sendeiro litoral que se inicia na Ramallosa e remata en Monteferro; o sendeiro circular das Medoñas (único con dificultade alta) que discorre por Priegue; o sendeiro do Camiño Portugués pola Costa desde A Ramallosa a Saiáns; o sendeiro circular de Camos desde a Capela de San Roque; o sendeiro circular do Castro por Chandebrito; o sendeiro circular dos Matos entre Camos e Chandebrito; o sendeiro circular dos Mouros por Parada e o sendeiro circular polo río Muíños na contorna de Praia América e Porto do Molle. Todos eles foron ofrecidos como rutas guiadas no mes de xullo e tamén agosto.