O Círculo Municipal de Podemos en Nigrán vén de entregar unha moción, a terceira no que vai de mes, solicitando máis implicación por parte do Concello para paliar a inacción do Goberno Autonómico fronte o inicio do curso 2020/2021 no contexto da pandemia. Aínda que ven boa intención nas últimas medidas publicadas pola Corporación, cren que son insuficientes e baseándose na lexislatura vixente, manifestan que o Concello ten competencias para levar a cabo diferentes medidas.
Nesta moción solicitan a contratación de máis persoal de limpeza que desenvolva as súas funcións durante o horario lectivo, a dotación de recursos de desinfección aos centros e de protección ás familias dos nenos e nenas con dificultades económicas, e a cesión e habilitación de espazos públicos en desuso para favorecer o desdobramento nas aulas.
Esperan que por fin tomen en conta as medidas propostas e demostren a súa boa vontade na xestión desta problemática fronte a ineficacia doutras administracións.

