Nigrán pon en marcha un programa de teleformación destinado a mulleres

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, organiza un programa de teleformación destinado a mulleres empadroadas en Nigrán, darase preferencia ás mulleres en situación de desemprego. No caso de que non se cubran a totalidade das prazas poderán participar mulleres empadroadas noutros concellos.

O programa desenvolverase entre os meses de setembro e novembro na modalidade “on line” e inclúe os seguintes cursos: Prevención e Riscos Laborais, Monitora de Transporte Escolar, Monitora de Comedor Escolar e Hixiene e Manipulación de Alimentos (3 edicións). Poderán participar un máximo de 20 alumnas en cada un dos cursos.

O período de inscrición comezará o vindeiro 1 de setembro e rematará para cada un dos cursos 10 días antes do inicio do mesmo.  Para formalizar a inscrición deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello o formulario de inscrición acompañado da tarxeta de desemprego de ser o caso. As bases poden consultarse na sede electrónica (sede.nigran.org). Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na oficina de información cidadá ou descargarse na sede electrónica.

“Dende o Concello de Nigrán e o CIM seguimos apostando pola formación como vehículo imprescindible para o emprego e nesta ocasión optamos por un programa de teleformación para evitar calquera tipo de risco derivado da formación presencial nunha aula”, declara Juan González.

Toda información que se precise no Centro de Información á Muller (CIM) na antiga estación do tranvía en Estrada pola Vía nº 65, Panxón, ou no teléfono 986 383081 ou correo electrónico cim@nigran.org.