Mercado de artesanía, antigüidades e coleccionismo na Ramallosa

O Concello de Nigrán e Revolto Artesanal ofrecen esta fin de semana en A Ramallosa un mercado de artesanía, antigüidades e coleccionismo, o sábado 30 de 10:00 a 22:00 horas, e o domingo 31 de 10:00 a 21:30 horas.

A xornada contará coa animación de DJ Gramola de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas e con obradoiros de manualidades para nenos e nenas de 6 a 10 anos de 17:00 a 18:00 horas, previa inscrición en revueltoartesanal@gmail.com. Tamén haberá alimentación doce e salgada.