Nigrán abre o prazo de inscrición para participar nun roteiro polo Camiño Portugués pola Costa

O Concello de Nigrán pecha os roteiros da súa programación de verán “Equilibrio Natural” con un polo Camiño Portugués pola Costa este domingo 30 con saída ás 10:00 desde a Alameda de San Campio. Os interesados deben inscribirse previamente no mail turismo@nigran.org indicando os seus datos. As prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. Igualmente, o Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico.