Este viernes, entrega del I Premio Xornalístico Enrique Guerrero Serrano en Sabarís

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Presentación do Primeiro Certame de Xornalismo “Enrique Guerrero Serrano”.

O próximo venres 28 de agosto, ás 20:00 horas, a Asociación Cultural Espazo Aberto do Val Miñor fará público o fallo do xurado do I Premio Xornalístico Enrique Guerrero Serrano, galardoado con 2.000 € de premio. O acto de entrega se fará no Casino de Sabarís en Baiona, nun acto que contará coa presenza de Fernando Bartolomé Benito, que fará a presentación do seu novo libro. O acto, que contará con medidas preventivas COVID recomendadas polas autoridades sanitarias, polo que o aforo será limitado.

O tema principal deste primeiro certame xornalístico versou sobre o mar e as súas xentes, e se presentaron un total de 12 relatos, nun accidentado prazo que se tivo que ampliar en dous ocasións por mor da corentena imposta pola situación sanitaria do país. O xurado estivo composto por Maria Xosé Porteiro, Maria Luisa Abad, Nones Araújo e Maria Jesús Argibay.

O premio lembra a Enrique Guerrero Serrano (1943 Espejo-Córdoba, 2013 Nigrán), andaluz emigrante en Suíza, Portugal e en Madrid, onde destaca como empresario e activista democrático. Nos anos 80 asentouse no Val Miñor centrando a súa actividade na promoción e construción inmobiliaria, onde chegou a funcionar a nivel internacional (Panamá ou Qatar).