Baiona amplía o horario do aparcadoiro do Aral durante as festas da Virxe do Carme

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Aparcadoiro do Aral.

Prevendo a maior afluencia de visitantes en Baiona debido ás festas da Virxe do Carme, que se celebrarán desde o 13 ata o 16 de xullo, o Alcalde e o concelleiro encargado do aparcamento municipal do Aral decidiron aumentar o seu horario de apertura.

Este venres 12 e sábado 13 de xullo permanecerá operativo as 24 horas do día, mentres que as noites do domingo, luns e martes pechará ás 03:00. Con esta medida, espérase mellorar a atención á cidadanía e a comodidade de veciños e visitantes.

Doutra banda, prevese que a partir da fin de semana seguinte, sobre o 19 de xullo, poida empezar a funcionar o horario de verán permanecendo aberto o aparcamento día e noite, todos os días da semana.

Anuncios