Podemos Nigrán propón ao Concello a creación de cheques para facilitar a conciliación familiar

Podemos Nigrán require ao Concello, como administración máis próxima á veciñanza, que poña en marcha un sistema de axudas para a conciliación das familias para poder axudalas na volta ás aulas dos seus fillos e fillas. Estes cheques de conciliación terían un límite de gasto superior por cheque e unidade familiar de 175€/mes no caso dun menor ao cargo, 300€/mes no caso de dous menores e de 550€/mes no caso de tres ou máis menores.

O Círculo de Podemos Nigrán, engade que para financiar estes cheques de conciliación se tiraría do remanente de tesourería que se cribou para as axudas da COVID-19 neste Concello de Nigrán para a súa primeira fase. Esta proposta debe ir acompañada dunhas bases que regulen o reparto destes cheques e Podemos, amparándose no retraso que leva a publicación das bases das axudas a autónomos e PEMEs do Concello de Nigrán axunta xa neste escrito unha proposta de bases dos cheques de conciliación.