As caravanas campan ás súas anchas no Porto de Santa Marta

Escándalo de caravanas no Porto de Santa Marta. Ata cinco caravanas contra a varanda sobre a liña amarela e outras 10 ou máis ao longo das instalacións. Contactado con Portos de Galicia (Oficinas Centrais), Policía Zona Sur, Garda Civil e Policía Local ata en tres ocasións desde o mércores 12 sen ningún resultado apreciable. Algunha delas pernoita desde polo menos o pasado domingo 9 de agosto. Por favor, que poñan un pouco de orde neste caos.