Nigrán abre o prazo de inscrición para participar nun novo roteiro por Monteferro

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán “Equilibrio Natural”, ofrece novamente este martes 18 de agosto un roteiro especial por Monteferro coincidindo co solpor ante o éxito do celebrado a semana pasada. Os interesados deben inscribirse previamente no mail turismo@nigran.org indicando os seus datos e presentarse ás 19:00 no Monumento á Mariña Universal no alto de Monteferro. O percorrido constará de 6 km e dunha duración de 2,5 h. Por outra banda, tamén está aberto o prazo para anotarse ao do sábado na parroquia de Priegue (roteiro circular das “Medoñas”) con saída ás 10:00 desde o Camiño do Monte, 21. En ambos casos as prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. Igualmente, o Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico.