A Policía Local de Gondomar recorda a prohibición de colocar pancartas na vía pública

A Policía Local de Gondomar vén de ordenar a retirada dunha pancarta non autorizada, inapropiada e con linguaxe groseiro que ocupaba o espazo público na entrada ao barrio de Sequeiros, ao carón da estrada autonómica PO-340. Desde a Xefatura da Policía Local recordan que estes feitos son sancionados pola Ordenanza Municipal de Medio Ambiente, Limpeza e Convivencia con multas de ata 750 euros.